Recepción en Ribeira ás promesas locais do fútbol feminino Laura Santos e Uxía Sampedro

26 Decembro 2022

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, recibiu este luns 26 de decembro a dúas futbolistas do municipio, recentemente convocadas para formar parte da selección galega nas súas respectivas categorías: Laura Santos Rey e Uxía Sampedro Pérez.

O acto de benvida celebrouse no salón de plenos, onde o alcalde Manuel Ruiz expresou a ambas xogadores o cariño do Concello e animounas a seguir co deporte. “O fútbol como deporte de equipo contén todas as ensinanzas que se necesitan para a vida”, precisou. Tamén agradeceu as familias o seu papel,

Laura Santos milita no equipo coruñés do Orzán e foi chamada este mes para formar parte do combinado da comunidade galega no Campionato de España de Seleccións Sub 17 en Asturias. Pola súa parte, Uxía Sampedro xoga no Cidade de Ribeira e participou coa selección de Galicia Centro na Copa Gallaecia sub 14 en Braga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...