Presentación do Plan de Sustentabilidade turística ” Barbanza Arousa. Viaxe a través da historia dos sabores

29 Decembro 2022

Este xoves realizouse a presentación do Plan de Sustentabilidade Turística “Barbanza Arousa”, proxecto da Mancomunidade beneficiario de 1,5 millóns de euros de Fondos Next Generation.

Interviron Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa; D. Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; D. Xosé Lois Piñeiro, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde da Pobra do Caramiñal; Dna. Nava Castro, Directora da Axencia de Turismo de Galicia e D. José Miñones, Delegado do Goberno en Galicia.

Este proxecto está protagonizado pola oferta enogastronómica de Barbanza Arousa, sumando dous componentes fundamentais; por un lado, o compoñente “Sistemas Produtivos e Transformadores Enogastronómicos” como son as bateas, as conserveiras e as adegas e, por outro; o compoñente “tempo”.

Con este plan preténdese o desenvolvemento do territorio orientado a través dunha viaxe polos sabores a través da historia do territorio, experimentando tanto o produto fresco coma os diferentes sistemas de conservación dos alimentos, dende a salazón ata a conserva; maridado polos viños da IXP Terras do Barbanza e Iria.

Diferentes roteiros tematizados, os museos da salazón e a conserva; a visita inmersiva con realidade aumentada ao Barrio dos Cataláns na Pobra do Caramiñal e as visitas a conserveiras e adegas permitirán adentrarse e poñer en valor a historia produtiva do destino, conxugando pasado e presente.

Asemade adecuaranse espazos para showcookings e eventos gastronómicos no Liceo Marítimo e Rianxo e crearase un clube de produto no que se integrarán as empresas turísticas e tamén adegas e conserveiras e aqueles oficios relacionados coa pesca e captura de especies.

Todos estes produtos creados conectaranse a través de roteiros enogastronómicos dotados de vehículos eléctricos, que permitirán ao visitante vivir unha experiencia completa en todo o territorio a pé, en bicicleta, en vehículo eléctrico ou por mar. Estes roteiros ademáis estarán complementados con sinalización intelixente para lograr unha experiencia totalmente inmersiva.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...