Premiadas as vivendas pobrenses mellor engalanadas polo Nadal no terceiro concurso de decoración

23 Decembro 2022
Santo-Isidro-de-Posmarcos

Os fogares gañadores do III Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas xa contan cos seus premios para desfrutar nestas datas. A concelleira da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, Charo Varela (Nós Pobra), acompañada da técnica municipal desta área, Sara Sánchez, efectuou a
entrega das cestas do Nadal con produto local, valorada en 300 euros cada unha, entre os domicilios galardoados, con representación de tódalas parroquias.
O xurado ditaminou que as distincións recaesen nunha vivenda situada no Inferniño (Santo Isidro de Posmarcos), noutra da rúa Carlos Montenegro (Santa María a Antiga do Caramiñal), nunha de Rosamonde (Santa Cruz de Lesón), da rúa Cardenal Patiño (Santiago do Deán) e noutra de Bandaseca (Santa María do Xobre).
Preto dunha trintena de vivendas participou nesta terceira edición do certame impulsado pola Administración local para incrementa-lo carácter vistoso das rúas nesta época a través da implicación da veciñanza na ornamentación exterior das súas casas ao tempo que se axuda, mediante as recompensas, na dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.
A decoración de tódalas inscritas deberá permanecer ata o día 6 de xaneiro, inclusive, tal e como se establece nas bases.

Santa-Maria-a-Antiga-do-Caraminal
Santa-Cruz-de-Lesón
Santa-Maria-do-Xobre
Santiago do Deán

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.