A agrupación circense e clown Pistacatro estará esta semana en Boiro para achegar dous espectáculos na praza de Galicia, na Carpa Solidaria alí instalada. A primeira cita será este mércores 28 ás 18.30 horas. Será unha gala de circo a través do espectáculo Carman, de Javier Ariza, circo de rúa urbano e para toda a familia que xira arredor dun Seat 600. Trátase dun divertido espectáculo para todos os públicos que o mítico automóbil de fabricación española cobra vida e remata por conducir sen condutor nunha rutina musical e circense que pode levarlles a Eurovisión: a el e máis ao propio Javier Ariza. Ao día seguinte, xoves 29 de decembro, no mesmo emprazamento e á mesma hora (na Carpa Solidaria da praza de Galicia a partir das 18.30 horas), Pistacatro volve achegar un dos seus espectáculos, desta volta trátase da función de malabares e acrobacias Malabarian on the Rox.




