“Parar o desmantelamento do sector pesqueiro galego é ir contra Sinkevicius e Os Verdes” – Antón Luaces

05 Decembro 2022

Non hai volta de folla: se Galicia quere evitar o desmantelamento dun dos seus principais sectores produtivos (a pesca), non lle queda outra que enfrontarse con datos rotundos e evidencias determinantes á Comisión de Pesca, que decide, a aos prolíficos Verdes, que adoutrinan. Porque non son os barcos de pesca de fondo galegos nin a posta en práctica dun sistema pesqueiro que implica a todo un sector socioeconómico do que vive máis do 60%  dos habitantes do litoral deste territorio, os causantes dos estragos que constantemente denuncian os “verdes” e que o comisario Sinkevicius emprega para acusar a unha frota que pesca en augas atlánticas comunitarias e que non quere  máis defensas baseadas no Total Admisible de Capturas (TAC) a partir e o criterio de estabilidade relativa para o reparto entre os países membros a partir da aplicación dun sistema de reparto empregado dende vai trinta anos.

Agora está en xogo a pesca de fondo e a  veda imposta a esta pola Comisión Europea en 87 áreas situadas entre o golfo de Cádiz e as augas de Irlanda. O veto a este tipo de pesca nesas áreas vai ser revisado dentro de, aproximadamente, un mes. E o mantemento desta prohibición de pesca imposto polo comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca -conceptos estes que sempre chocan frontalmente polos intereses que cada un deles defende- Virginjus Sinkevicius (co evidente agrado dos ecoloxistas) colisiona cos plans da maioría dos estados membros da UE, como se pon de manifesto na súa negativa a facilitar a CE os datos e formulacións comunitarias de seu solicitadas para que siga a haber pesca e pescadores, termos estes que máis semellan ser  unha ameaza que un desexo de achegamento a unha solución.

Sinkevicius nunca fala de ata que punto o sistema de pesca ata o de agora  empregados para pescar e, ao mesmo tempo, coidar os caladoiros é ou non mellor que o que el e os seus “socios” verdes pretenden aplicar para dar una mellor resposta. Insisten, a máis,  na necesidade de prohibir o arrastre e así o manifestan no plan de acción que o Parlamento Europeo vai implantar o vindeiro ano,

Xaneiro será o mes da revisión do plan de vedas nesas 87 zonas específicas do Atlántico europeo. Do resultado deste plan talvez dependa a permanencia ou non como eurocomisario do lituano Sinkevicius.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.