“Os TAC e cotas da UE para o ano 2023 decídense a vindeira semana”. Antón Luaces

10 Decembro 2022

Como se dun casino  se tratara, o futuro inmediato de pesca en augas da Comunidade Europea, estará na ruleta do Consello de Ministros da Unión Europea que decidirá, os días 11 e 12 deste derradeiro mes do ano 2022, os Totais Admisibles de Capturas (TAC) e  cotas pesqueiras para o vindeiro ano 2023.

Con este motivo, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, anunciou a presentación de medidas alternativas para evitar unha nova redución dos días de paro no Mediterráneo e a revisión dalgunhas propostas para o Atlántico.

O ministro español coida que debe limitarse ao máximo a nova redución dos días de pesca propostos un ano máis pola Comisión Europea dun 9,8% sobre 2023, e propón elevar a porcentaxe prevista no mecanismo de compensación para recuperar unha parte -ata un 3%- de ser dar determinadas condicións.

As últimas avaliacións científicas das disponibilidades de especies incluidas no plan plurianual  de xestión do Mediterráneo permite albiscar certas milloras e que o novo recurte dos días de ñesca vai supor un importante impacto socioeconòmico sonbre a frota pesqueira.

Tocante ao Atlántico, España, a máis das negociacións que involucran ao Reino Unido, Noruega e os estados costeiro que non concluiron polo de agora, ten intereses en 18 das 26 especies afectadas pola negociación no Consello de Ministros de Agricultura  e Pesca. A Comisión propón mantementos e incrementos do TAC e cotas para 2023 en especies de gran interese para o conxunto da frota, acordes coas recomendacións do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES).

España, pola súa banda, apresentará propostas técnicas para acordar maior incremento de cotas de abadexo, linguado e cigala. E no caso da pescada sur, após 8 anos sen visos de recurtes, este ano vai permitir un considerable incremento debido á importante recuperación desta especie constatada polo ICES. Polo contrario, a Comisión propón para o xurelo oeste un TAC cero pola súa mala situación  e España apoia o mandado xeral do plan de reconstrucción elaborado polo Consello Consultivo de Especies Peláxicas  que permite unha captura total de 15.513 toneladas.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.