
O Pamesa Teruel foi un óso demasiado duro para o Rotogal Boiro Voleibol. Os da Cachada competiron no primeiro set #ante un rival que exhibiu unha gran solidez en terras galegas, sobre todo en facetas como o bloqueo-defensa. De feito, tras anotarse o primeiro parcial, os visitantes non deron opción a pesar da boa actitude dos de Emilio Palacio.
O Pamesa Teruel asumiu a iniciativa desde o arranque do partido. Marcou diferenzas no comezo do primeiro set, cando chegou a mandar por cinco puntos, pero o Rotogal Boiro Voleibol exhibiu a súa cara máis competitiva para amarrarse ao partido. Tras un man a man que se prolongou ata as postrimerías da manga, o conxunto local non puido rematar a faena #ante un adversario que destacou no saque (22-25). Ademais, o oposto Rodrigo de Melo rendeu a un nivel moi alto na Cachada.
Co marcador en contra, o Rotogal Boiro Voleibol non puido manter o bo nivel da primeira manga. O Pamesa Teruel colapsou o ataque dos anfitrións cun gran rendemento nas accións de bloqueo-defensa. Ademais, mellorou na recepción e non deu opción a que os de Emilio Palacio protagonizasen a sorpresa diante do seu público (16-25 e 15-25).
Os aragoneses fixeron un encontro moi serio na Cachada
Rotogal Boiro Voleibol, 0: Gaby do Carmen, Héctor Barro, Pablo Nieto, Alan Davila, Mario Iglesias, Jaime Arjones e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Martín García, Ismael Martínez e Juan Quelle.
Pamesa Teruel, 3: Coutinho, Rubén López, Rodrigo de Melo, Vildosola, Axel Téllez, Dexter Edward e Aarón Gámiz (líbero).
Sets: 0-1 (22-25), 0-2 (16-25) e 0-3 (15-25).
Árbitros: Rubén Sánchez e Francisco Saboroso.
Incidencias: Partido da Superliga disputado no Pavillón da Cachada ante uns 300 espectadores.



