O presidente Rueda avanza o plan estratéxico da conserva 2022-2030

28 Decembro 2022
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, participa na presentación do Plan Estratéxico para o sector da conserva en Galicia 2022-2030. No Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria – CYTMA, na sede de Anfaco ANFACO CECOPESCA, Vigo, 28/12/22.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou esta mañá en Vigo o Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030, unha folla de ruta coa que o Goberno galego busca reforzar a calidade, o potencial exportador e a innovación dun sector crucial para a economía e o territorio galego. O obxectivo é que, malia os retos e dificultades do actual contexto económico, “a industria conserveira galega siga sendo a industria punteira e referente que sempre foi”, resaltou.
Trátase dunha planificación, elaborada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco-Cecopesca), que inclúe arredor de 80 medidas para consolidar Galicia como un referente mundial neste eido.
Vaise actuar en sete eixos: a financiación, a produción, a comercialización e exportación, a I+D+i, no emprego e na reputación social. “É certo que Galicia leva feito moito na industria conserveira, pero o espírito de superación ten que ser sempre unha constante”, indicou Rueda, quen destacou a importancia da “colaboración público-privada” en iniciativas coma esta.
Para seguir avanzando e mellorando neste eido, o Plan Estratéxico da Conserva 2022- 2030 conta con medidas e propostas específicas para diversificar os mercados e chegar a máis lugares fóra da Unión Europea; poñer en valor a produción de proximidade e as marcas históricas; avanzar na dixitalización -mediante o impulso do comercio eléctrónico, a robotización ou a I+D+i-; atraer talento e garantir a remuda xeracional -mediante o reforzo da FP Dual vencellada co sector ou implantando a xornada laboral de 32 horas- ou para promocionar e fomentar a dieta atlántica.
Rueda resaltou que con esta folla de ruta para os vindeiros anos, Galicia demostra que quere seguir avanzando e mellorando nun sector no que xa é unha potencia mundial.
Neste sentido, o presidente da Xunta lembrou que “sete de cada dez quilos de conserva exportados en España saen de Galicia”; que as conserveiras galegas “facturan ao ano 2.500 M€”, dan traballo a 12.000 persoas e que son un motor clave para a economía de moitas comarcas como a de Vigo, o Morrazo, a Costa da Morte ou o Barbanza.
Defensa do sector pesqueiro
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta subliñou que a Administración galega sempre está a carón dun sector tan importante para Galicia como o pesqueiro. Neste sentido, lamentou a regulación europea que supuxo o veto á pesca de fondo e que afecta a parte da frota galega e que o Goberno central aposte por unha normativa de costas cada vez máis restritiva.
Ademais, lamentou que a rebaixa do IVE en alimentos básicos que acaba de anunciar o Executivo do Estado non inclúa ao peixe nin a carne entre eles pois son alimentos básicos da cesta da compra dos galegos. “É preciso un cambio de fiscalidade nestes produtos que son considerados esenciais”, indicou.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...