O PP arroupa ao seu candidato para a alcaldía de Boiro: Fernando García Diéguez

28 Decembro 2022

Membros do Partido Popular da Coruña reuníronse este martes 27 de decembro en Boiro para participar na presentación oficial do seu candidato para este concello: Fernado García Diéguez. No acto interveu o presidente da agrupación na provincia da Coruña, Diego Calvo, quen dixo que “non nos podemos conformar con ser a forza máis votada o próximo 28 de maio, temos que conseguir a maioría absoluta e imos conseguila para recuperar a alcaldía dun concello que nunca debemos perder”.

Na compaña do secretario xeral do PP na provincia da Coruña, Evaristo Ben, Calvo destacou a candidatura de Fernando García Diéguez por ser unha persoa que “coñece os problemas do municipio e será capaz de presentar unha alternativa que termine cun Goberno municipal incapaz de xestionar o Concello”, dixo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.