O Lustres Rivas exhibe máis unha vintena de obras de María José González Aera

24 Decembro 2022

Santa Uxía de Ribeira, 24 de decembro de 2022.- Dende a tarde de onte o Centro Cultural Lustres Rivas exhive unha exposición, formada por máis dunha vintena de obras de María José González Area, unha artista nacida en Marín pero que de moi nova se trasladou a Madrid e que escolleu agora Ribeira para amosar as súas creacións a toda a cidadanía.
A exposición, titulada “Solpor na ría”, foi inaugurada nun acto que contou coa participación da concelleira de Cultura María Sampedro e da propia creadora. Recolle distintas pinturas cheas de luz, cor e tons dourados, que evocan paisaxes naturais moi vencellados á nosa terra e nas que se utiliza a técnica do Stofado, unha técnica da imaxinería en madeira policromada que ten as súas orixes na arte gótica e que ten como material principal o pan de ouro. A súa obra é pois unha reflexión íntima sobre a paisaxe, cunha visión romántica e nostálxica da súa terra.
María Sampedro animou aos veciños e veciñas e a todos aqueles que nos visiten nestas festas a contenplar esta mostra, que estará aberta ao público ata o 28 de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.