O lirio de Ribeira xa conta coa súa marca colectiva

21 Decembro 2022

A Sociedad Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia obtivo o recoñecemento como Organización de Produtores Pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, OPP-83, en maio do 2019.
Unha marca que deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa María José Casais, xerente da OPP83, Juan Antonio Pérez, presidente da OPP83 e Pablo Pérez e Manuel Núñez, membros do consello da Organización. Unha cita que tivo lugar nas oficinas da Cooperativa.
Entre os seus obxectivos como OPP está contribuír á trazabilidade dos produtos de pesca e o acceso
a información clara e completa para os consumidores.
O lirio é a principal especial pescada pola flota asociada á OPP representando preto do 45% do volume da súa produción total, sen embargo, soamente significa o 35% do valor das vendas. E por isto que coa Marca Lirio de Ribeira, a OPP83, pretende diferenciar no mercado o lirio capturado ao día mediante artes de arrastre tradicional e selectivo.
A Marca distingue aos produtos que cumpran cos requisitos das especificacións técnicas e do regulamento de usos, garantindo ao consumidor un grao máximo de frescura e calidade.
O obxectivo da OPP83 coa obtención desta marca colectiva é poñer en valor o Lirio de Ribeira, a forma de pescar dos produtores da OPP, que tratan con moito mimo este produto e dalo a coñecer entre as persoas consumidoras que se sorprenderán pola súa versatilidade.
A Sociedade Cooperativa do Mar Santa Eugenia, Organización de Produtores Pesqueiros OPP-83, é a
titular da Marca e a responsable de xestionala e administrala.
A Oficina Española de Patentes e Marcas outorga esta marca colectiva por un período de 10 anos que poderá ser prorrogable a petición do propietario da marca que é a OPP83.
O Lirio amparado pola Marca deberá cumprir co establecido nas especificacións técnicas onde cabe destacar un dos aspectos principais que xunto coa súa calidade e a súa frescura ten categoría extra,
xa que o tempo máximo que transcorre dende a captura o desembarque e a comercialización é de
apenas unhas horas.
A Marca ampara ao lirio capturado na zona FAO27 polos membros da OPP83 adheridos á marca sempre que se cumpran os estándares de calidade establecidos na documentación técnica presentada. A OPP83 facilitará aos socios da Organización autorizados para o uso da Marca etiquetas numeradas correlativamente para identificar as capturas do lirio que cumpran co regulamento de uso, o código de especificacións técnicas e os parámetros de calidade establecidos para que poda ser amparado baixo esta marca.
A OPP83 velará polo cumprimento do regulamento de usos e das especificacións técnicas para a utilización da Marca, proporá as modificacións que considere oportunas e en xeral ocuparase do
desenvolvemento adecuado da Marca.
A OPP poderá conveniar con outros puntos de venta para autorizar o uso de imaxe da marca a
efectos de información ao consumidor.
Durante este ano 2022 a OPP xa fixo actividades promocionais con esta especie, que, agora, unha vez presentada a marca, derivarán en novas accións comerciais coas que dar a coñecer a calidade deste saboroso e versátil produto.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...