
Exhibición Gastronómica e gran acollida á primeira “Cata Maridaxe Solidaria” organizada por Miguel Mosteiro e Rubén Coruñago en Gastrolab Arousa. A iniciativa xurdiu dunha conversación e en menos de 2 días conseguiron ter a máis de 40 persoas en lista de espera.
O máis importante era a causa da convocatoria previa a fin de ano, brindar e multiplicar sorrisos dos nenos e nenas porque todo o recadado máis de 600€ foron destinados integramente á Fundación Andrea, recolleu o cheque a súa Directora Amaya Castro que volveu agradecer a todos os asistentes e aos promotores da iniciativa tan exquisita de Miguel Mosteiro e o financeiro Rubén Couñago.
Este é o espírito e o motor desta sinxela Fundación, apoiar ás familias que contando con escasos recursos económicos haxan de coidar aos seus fillos ante as enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais que estes poidan padecer, sen esperar nada a cambio, tentando tan só poder ser para eles un bálsamo #ante momentos tan complicados das súas vidas.
Desde os organizadores agradecen a Grafik Boiro e ás catro adegas pola súa dispoñibilidade, Entreosrios (Pobra do Caramiñal) Adegas Antonio Saborido (Boiro), Cazapitas (Rianxo) e Torres Augusti (Valga) todos da “IXP Viños dá Terra de Barbanza e Iría” os asistentes puideron apreciar mediante os sentidos as calidades dos diferentes viños, os matices explicáronos un a un os adegueiros presentes e tamén gozaron no seu padal das 7 diferentes tapas elaboradas polo equipo do coñecido Cociñeiro Miguel Mosteiro con produtos autóctonos e de tempada: por votación popular destacaron a semicroqueta líquida de cogomelos, a empanada caseira de “xarda”, a croqueta de polbo a feira con maionesa de pemento e o rulo de cordeiro, un éxito que xa deu pé a crear un grupo de Catas no Barbanza polo interese xurdido entre os asistentes.