O filme Jacinto, de Javi Camino, proxéctase este sábado en Boiro

03 Decembro 2022

Este sábado 3 de decembro, ás 20.30 horas, proxéctase no Centro Social de Boiro o filme galego Jacinto, de Javi Camino e protagonizada polo actor e humorista tristemente falecido Pedro Brandariz. Trátase dunha actividade abeirada ao Ciclo de Cine Mestre Mateo, un circuíto de cinema galego que, unha vez ao mes, exhibe nos lugares que forman parte da rede de salas as películas finalistas dos Premios Mestre Mateo.

Sinopse
Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandonada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as mozas acabadas de chegar son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo películas de terror.

Ficha Técnica
Duración: 95’

Produtora: Vizuals Lab

Dirección: Javi Camino

Dirección de arte: Samuel Lema Ferreira

Dirección de fotografía: Francisco Arnoso “Pixi”

Dirección de produción: Xabier Eirís Guión: Javi Camino

Reparto: ​​Pedro Brandaríz, Anxela Baltar, Corinna Rautenberg, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón

Maquillaxe e perruquería: Lorena Calvo

Montaxe: Javi Camino

Música orixinal: Reserva Espiritual de Occidente (Svali y Wences Lamas)

Son: David Lagares, José Tomé

Vestiario: Lorena Calvo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.