O día 17 inaugúrase no Museo do Gravado unha mostra de homenaxe ao artista Alfonso Costa

09 Decembro 2022

O Museo do Gravado de Artes vai celebrar este mes de decembro a inauguración dunha nova mostra: a exposición Metaphorá de homenaxe ao artista noiés Alfonso Costa, debuxante, gravador, pintor e deseñador de carteis. Será este sábado 17 de decembro ás 12.30 horas na Sala 2 do Museo.

A mostra, que consta de obra gráfica en papel orixinal, vén acompañada da edición dun libro para bibliófilos en edición limitada a 30 exemplares (1 P.A., 4 exemplares I/IV a IV/IV e 25 exemplares 1/25 ao 25/25) numerados e asinados polo artista con poemas de Eva Veiga.

O libro está recollido nun estoxo e contén 31 láminas asinadas e numeradas por Alfonso Costa e autentificadas ante o notario José Prieto Luengo de Boiro.

O artista

Alfonso Costa, nado en Noia en 1943, é un dos grandes artistas da nosa comarca e de Galicia das pasadas décadas. Formouse en Barcelona, na Llotja, Escola de Artes e Oficios, e en 1967 realizou a súa primeira exposición. En 1972 conseguiu unha bolsa da Fundación March para ir a Florencia. Comezou a expoñer en Lisboa, A Habana etc. En 1983 conseguiu unha bolsa do Ministerio de Cultura. En 1984 rematou unha pintura de 2.000 metros cadrados. Realizou murais para diversas institucións. En 1988 realizou unha grande exposición no Kiosko Alfonso da Coruña. En 1997 instalouse definitivamente en Galicia. Pintou diversos murais, como a cúpula do Liceo de Noia, realizou esculturas públicas, editáronse varias publicacións sobre a súa obra, e recibiu múltiples premios e mencións.

Figura nos museos provinciais de Lugo e Pontevedra, de Sada, da Coruña; de Arte Moderno de Barcelona, de Palma de Mallorca, de Hospitalet, Barcelona, Provincial de Burgos, de Arte moderno de Madrid, Zabaleta de Quesada, Xaén; de Xirona; de Ostende, Bélxica; de Vigo e da Fundación March, en Madrid. Tamén: Museo da Emigración Galega, Buenos Aires (Argentina), Casa de la Cultura de Menden (Alemaña), Vaticano (Roma), Casa de la Cultura de Arnsberg (Alemaña), Museo de Arnsberg (Alemaña), Casa Henri Abelé (Francia). Ademais de instituciones oficiais como o Instituto Padre Sarmiento de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Concello da Coruña, Generalitat de Barcelona, Deputacións provinciais de Santander, Xirona, Guadalajara, e o Congreso dos Deputados.

Fonte: Galipedia.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

250 quilos de alimentos para entregar a Cáritas na Andaina Solidaria

Baixo a xenerosa man de Abraham Benítez Somoza, un voluntario sempre disposto a axudar, a parroquia de Carreira encheuse de solidariedade. Coa participación dun centenar de persoas e a colaboración desinteresada daqueles que apoian a Cáritas Ribeira, reuníronse máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...