O deputado Xosé Lois Penas visita o concello de Dodro e a Área de Servizos Sociais

27 Decembro 2022

O concelleiro da Área de Servizos Sociais e Benestar de Dodro, Xoán Bautista Mariño (BNG), recibiu a visita do deputado provincial Xosé Lois Penas Corral, responsábel de Patrimonio e Contratación na Deputación da Coruña. Na visita, que non é a primeira, Mariño mostrou ao representante da Deputación as dependencias coas que conta o Concello, nomeadamente as da área da que é responsábel, desde a que se atende a un gran número de persoas.

O 3º tenente de alcalde describiu ao deputado o importante traballo levado a cabo dende as pequenas oficinas de Servizos Sociais, nas cales empréstase servizo á cidadanía de Dodro co SAF (Servizo de Atención ao Fogar) municipal ou facilitando ás veciñas e veciños mancheas de trámites, entre outras relevantes liñas de traballo. Xoan Bautista Mariño salientou ante o deputado provincial “a boa marcha do departamento”, destacando tamén as medidas transparentes e transformadoras que foron adoptadas polo actual Goberno local e que están a “ser moi ben valoradas pola cidadanía”, dixo, medidas entre as que se atopan a cita previa ou o desenvolvemento do programa de atención a persoas que viven soas Dodro Escoita, “imitado logo noutros concellos”, explicou.

O concelleiro lembrou que “todo isto foi posíbel grazas á profesionalidade e compromiso de todo o persoal: unha traballadora social, unha educadora familiar, unha auxiliar administrativa e tres auxiliares de axuda no fogar, persoal sempre insuficiente, co que se chega a todas as aldeas e colectivos dun concello moi envellecido”.

O deputado, pola súa banda, lembrou que os Servizos Sociais de Dodro dispoñen do reforzo doutra traballadora social con fondos da Deputación que terá continuidade este ano con outra achega semellante. En concreto con cargo ao POS SOCIAL Xosé Lois Penas Corral anunciou que Dodro recibirá 33.153,51 € aprobado no pleno da Deputación da Coruña o pasado 25 de novembro sumado as achegas do POS e o Programa de Subvencións.

A idea do concelleiro para esta edición é “a de reforzar persoal, prestacións á cidadanía e actualizar equipamento informático”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...