O delegado da Zona Franca de Vigo visita as instalacións de ACTEMSA na Pobra

19 Decembro 2022

ACTEMSA, empresa da Pobra adicada á importación e exportación a nivel mundial de peixe conxelado e ao procesado de túnidos e servizos de conxelación, recibiu este luns 19 a visita nas súas instalacións do Polígono da Tomada de David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, que puido coñecer a factoría guiado polo presidente e fundador da compañía, Severino Escurís Batalla, e por José Luis Escurís, director xeral e vicepresidente da firma, ademais dos seus principais directivos.

Durante a visita institucional, coñeceron de primeira man os procesos e plans da compañía, en pleno plan de expansión e crecemento, tal e como destacou na súa comparecencia ante os medios José Luis Escurís. “Foi un pracer contar coa visita de David Regades, porque consideramos clave que Zona Franca coñeza de primeira man os nosos plans de desenvolvemento, cunha aposta pola rastrexabilidade, a dixitalización dos nosos procesos, a sustentabilidade e a valorización do produto a través da economía circular”.

ACTEMSA, cun crecemento en 2021 de 156 millóns de euros e un persoal de máis de 300 traballadoras e traballadores, entre empregos directos e indirectos, conta con previsións de crecemento sostido a pesar da conxuntura internacional.

O delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, mostrou a súa satisfacción por coñecer de primeira man as instalacións e proxectos de ACTEMSA, e enmarcou a visita no obxectivo da institución de apoiar ao empresariado galego, cos que mantén encontros durante todo este ano. “En Zona Franca traballamos para potenciar o desenvolvemento económico de Galicia, o comercio internacional, as infraestruturas e a cultura emprendedora, da cal non hai mellor expoñente que a familia Escurís Villa”, afirmou.

ACTEMSA S.A. é unha empresa familiar fundada en 1994 por Severino Escurís Batalla dedicada á importación e exportación a nivel global de peixes conxelados, así como ao procesado de túnidos. Así mesmo, fornece de servizos de conxelación e de asistencia técnica a empresas conserveiras e pesqueiras.

Situada no Polígono da Tomada, na Pobra do Caramiñal (A Coruña), comezou como comercializadora de peixes (túnidos en especial) e cefalópodos, para o que instalou as súas cámaras frigoríficas na Pobra, con compras por conta propia e servizos de frío a outras empresas da zona.

En 2000 iniciou a elaboración de lombos de atún, con destino a firmas conserveiras de toda Europa e actualmente, importa peixe das tres grandes áreas pesqueiras mundiais de atún: Latinoamérica, África e Asia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.