O Concello de Lousame entrega un flightcase a Cruz Vermella Noia para o traslado seguro dos seus dispositivos

14 Decembro 2022

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, vén de entregarlle a Cruz Vermella Noia un equipamento flightcase para o traslado seguro dos dispositivos médicos dos que dispón a asociación. “É un agradecemento pola colaboración que sempre temos por parte da organización humanitaria con sede en Noia nas distintas actividades que celebramos ao longo do ano e que nos permiten garantir a cobertura sanitaria das persoas que participan nelas”, explica Villaverde Pais.

A entrega tivo lugar no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra, aproveitando a colaboración realizada pola ONG no Pequetrail (con 5 voluntarios, un vehículo 4×4 e un vehículo de intervención rápida) como no Trail Lousame 2022 (con 8 técnicos, 4 socorristas, un vehículo de intervención rápida, un vehículo de apoio sanitario, un vehículo de rescate 4×4 e un vehículo de apoio loxístico).

Segundo explican dende o Concello de Lousame, o equipamento flightcase é unha embalaxe moi resistente e duradeira axeitada para o transporte e almacenamento de equipos e dispositivos sensíbeis ou fráxiles, como os de electromedicina dos que dispón Cruz Vermella Noia. Está fabricada con perfiles de aluminio e esquineiras metálicas para garantir a máxima protección e resistencia. Ademais dispón de rodas para o seu sinxelo desprazamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...