O Concello de Boiro destina o POS de gastos sociais extraordinarios ao financiamento de persoal e medios técnicos

15 Decembro 2022

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servizos Sociais que dirixe Raul Treus, investiu un total de 111.083,33 euros do Plan Único Concellos (POS) da Deputación da Coruña para gastos sociais extraordinarios. O importe total destinouse a financiar persoal técnico, axudas de emerxencia, ampliación do servizo de axuda a domicilio, conciliación e respiro familiar e adquisición de equipamento técnico.

Segundo explican dende Servizos Sociais, nos anos anteriores estes fondos axudaron a contribuír á recuperación económica, social e da saúde das familias con axudas directas destinadas a co-financiar pagos ou servizos pero, neste ano, destinouse a cantidade provincial a axudar tamén dende o punto de vista da saúde mental e física. “Gracias a esta contribución provincial puidemos chegar a máis de 50 persoas con algún dos servizos financiados mediante este programa”, recoñeceu Raúl Treus.

Así, reforzouse a área coa contratación de psicólogos e persoal técnico que, ata final de ano, continúan atendendo a algo máis de 30 persoas mediante o servizo de psicoloxía de adultos e infantil-xuvenil. “Estamos moi contentos do traballo feito e de que, gracias a esta asignación, puidésemos chegar á poboación con algo tan importante como é a saúde mental”, afirmou o concelleiro, engadindo que foron destinados algo máis de 12.000 euros para programas de axudas de respiro familiar, para persoas e familias con persoas dependentes ao seu cargo; e uns 6.000 euros foron destinados a financiar medidas de carácter extraordinario como o pago de alugueiros, luz e gas en casos de extrema urxencia, tratamentos dentais non cubertos polo sistema público e outras compras como poden ser lentes.

Mediante esta achega provincial o Concello de Boiro adquiriu tamén 5 novas grúas que, en calidade de préstamo, se ceden a familias con persoas dependentes e que precisan deses medios técnicos. “Dende o departamento de Servizos Sociais seguimos a traballar para impulsar programas para o conxunto da cidadanía e atender as necesidades latentes”, afirmou o concelleiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...