
O Concello de Rianxo compartiu a axenda cultural deste comezo de Nadal no territorio rianxeiro, unha axenda que se completa coas propostas das entidades sociais do termo municipal. Haberá música e, sobre todo e como non podía ser doutra maneira nestas datas sinaladas, moitas actividades de lecer para a rapazada.
VENRES 23 DE DECEMBRO
- 21.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Festival de Nadal da Escola de música de Rianxo. Máis información.
DO LUNS 26 AO 30 DE DECEMBRO. NADAL CONCILIA. CARPA DE NADAL Campo de Rianxo Máis información.
- 16.30 – 19.00 h – Obradoiros de Nadal.
- 19.00 h Actuacións en familia
- Luns 26: Maxia, O Mago Paco
- Martes 27: Monicreques, Títeres Cachirulo
- Mércores 28: Música, Paco Nogueiras
- Xoves 29: Circo e Clown, Asacocirco
- Venres 30: Música, Saraghallada
VENRES 30 DE DECEMBRO
- 21.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo.
