O Club Natural Sport acude ao Consistorio de Ribeira coa manchea de trofeos do último trimestre

26 Decembro 2022

As e os deportistas integrantes do Natural Sport acudiron este luns 26 de decembro á Casa do Concello de Ribeira para participar nunha recepción que se lles dispensou en recoñecemento a todos os logros que están acadando os integrantes do Club de Taekwondo. De feito, aproveitaron a ocasión para pousar cos múltiples trofeos acadados no último trimestre.

O alcalde Manuel Ruiz loou o traballo que vén desempeñando o Natural Sport, “probablemente o club máis laureado na historia do taekwondo español”, dixo, e expresou a súa confianza de que prospere no terceiro intento a adxudicación do centro de tecnificación que se vai a construír na Fieiteira, co-financiado polo Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte.

No nome da entidade falou Juan Luis Martínez Queiruga, quen significou “o bo ano experimentado”, con éxitos deportivos en categorías como cadete, júnior, sub 21 ou máster, ademais do regreso de Álex Vidal, quen tentará estar nos Xogos Paralímpicos de París 2024. “Por fin podemos dicir que temos un equipo de xente nova pero moi consolidado”, manifestou Martínez Queiruga antes de anunciar que buscarán obter logros de maior calado a nivel europeo.

Ao final todos os presentes fixeron unha foto de familia nos soportais do Consistorio Local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.