O Centro Lustres Rivas acolleu a presentación de dous libros sobre filosofía e pensamento xaponés

26 Decembro 2022

O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu o pasado xoves 22 de decembro a presentación de dous libros da man do VI Ciclo da Universidade de Santiago, titulados La filosofía hoy. Necesidad de las humanidades en la construcción del mundo del futuro (baixo a coordinación de Marcelino Agís, Javier Barcia e Rocío Carolo), e Caminos del pensamiento japonés, (coordinado por Marcelino Agís, Javier Barcia e Alba Iglesias).

A primeira das obras é un título que nos dá pistas sobre o contido da obra: todos os filósofos que escriben nel describen como están a filosofía e as humanidades nunha sociedade tecnolóxica, dixital, unha sociedade de redes, pero tamén do coñecemento.

Polo que respecta a Caminos del pensamiento japonés ofrécenos un espazo de diálogo entre autores xaponeses, galegos e do resto da xeografía española, cun obxectivo común: a unión dos pobos a través dos principais camiños de peregrinación, como é o Camiño de Santiago.

A presentación contou ademais de coa concelleira de Educación Juana Brión cun nutrido público, especialmente alumnado do curso do IV Ciclo da USC que se desenvolve na súa sede de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.