O BNG recrimina a inoperancia do goberno ribeirense por non ter os sumidoiros limpos na época de chuvias

13 Decembro 2022

O Bloque Nacionalista Galego recrimina a inoperatividade do goberno local por non ter os sumidoiros limpos en plena época de chuvias, situación que provoca que haxa regos de auga e asolagamentos en rúas e predios particulares.

Os nacionalistas argumentan que nos últimos anos teñen presentado iniciativas para tratar de resolver os problemas sobre o mal funcionamento da rede de sumidoiros porque ocasiona problemas á cidadanía de Ribeira e das súas parroquias. A pesar das propostas rexistradas, aseguran “que o Goberno local non fixo os deberes a pesar de teren avisos tanto da veciñanza como do BNG”.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, expón a necesidade de revisar a rede de sumidoiros antes da tempada de chuvias para evitar asolagamentos e regueiros de auga polas rúas pero “o Goberno ribeirense está máis preocupado de facerse fotos e de culpar de todos os males á oposición que de traballar nos asuntos que lle afectan á veciñanza e resolver os problemas de maneira dilixente”.

Barral informou que veciños e veciñas se puxeron en contacto co Bloque para queixarse de que as chuvias destes días xa provocaron asolagamentos, desbordes e regos de auga que baixan polo medio de rúas e estradas e que afectan a propiedades particulares. “Temos exemplos por todos lados, onte mesmo produciuse unha inundación en Ribeira, na céntrica rúa de Galiza, onde se acumularon varios centímetros de auga poñendo en risco os establecementos comerciais ou na rúa Celeiráns asolagáronse parcelas de varios veciños e veciñas co perigo de que lle entrase toda a auga para as casas, debido a que a canalización das augas pluviais desa zona non é capaz de absorber toda a auga”.

Aseguran que no caso concreto de Aguiño non é a primeira vez que acontece e instan ao goberno local a buscar unha solución inmediata para evitar que a veciñanza con propiedades na zona se vexa afectada cada vez que o sistema de sumidoiros non é capaz de absorber a auga caída, xunto coa do regato que hai na zona. Por todo isto, os nacionalistas pídenlle ao goberno local que se revise a rede de sumidoiros para evitar inundacións e acumulacións de auga que afecten á poboación de Ribeira e das súas parroquias.

Aguiño

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.