O BNG pide depurar responsabilidades polo novo revés xudicial sobre a gasolineira de Xarás

15 Decembro 2022

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego mostra a súa preocupación ante o que consideran “un novo revés xudicial” que dana a imaxe do Concello de Ribeira e pon en risco fondos municipais así como postos de traballo. “A xestión á hora de tramitar os permisos de instalación da gasolineira en Xarás non puido facerse peor” aseguran.

O BNG lamenta que a mala xestión realizada polo Partido Popular, tanto desde a Xunta como desde o Concello de Ribeira, estea poñendo en risco cartos públicos do Concello de Ribeira se a Xustiza decreta o aboamento dunha indemnización por mala praxe. Tamén destacan que as “presuntas” actuacións irregulares feitas polo Partido Popular poñen en risco os empregos das persoas que actualmente traballan nesa gasolineira porque a sentanza obriga a clausurar as instalacións.

O portavoz nacionalista, Luís Pérez Barral, asegura que o PP manobrou para conceder unha segunda licenza coa que pretenderon solucionar as irregularidades anteriores, cuestión que recrimina o tribunal aclarando de maneira explícita que “a licenza outorgada polo Concello ten a finalidade de eludir o cumprimento do ditame xudicial”.

“Esta nova sentenza demostra que se infrinxiu a lexislación e que as excusas do PP non son válidas”. Barral lembra que até o momento tódalas sentenzas xudiciais foron en contra dos pretextos esgrimidos polo alcalde, situación pola cal lle pide “depurar responsabilidades políticas de maneira inmediata” por danar a imaxe do Concello de Ribeira e poñer en perigo os postos de traballo e os cartos públicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...