“O Barbanza e España xa non terán máis piratas na pesca”. Antón Luaces

30 Decembro 2022

Ata vai moi pouco tempo, a comarca barbanzana xunto coa do Morrazo, eran referentes fixos cando se falaba (ou escribía) sobre a actividade pirata de determinados buques e mariñeiros que actuaban ao chou en augas de Australia e outros países para se facer con ese outro ouro negro que aínda é a

pescada negra ou o bacallau de fondo. Esta actividade remata (ou debe rematar) pola entrada en vigor dun anteproxecto de lei de modernización do control e a inspección, e a loita contra a pesca ilegal. Unha lei para revisar e modernizar os sistemas que, malia a existencia destes, aínda ten buratos polos que a pesca ilegal, nos declarada e non regulamentada (INDNR) existe. O obxectivo desta lei non é outro que flexibilizar e modernizar o réxime de infracións e sancións en materia pesqueira. Deste xeito, España adiantarse a Europa á hora de actualizar a normativa que modernizará o sistema de control e inspeción para combater a pesca ilegal tan rentable para non poucos mariñeiros e armadores da nosa terra.

É un paso avante que da o Consello de Ministros do Goberno de España, cando a UE se enroca na negociación do novo Regulamento de Control nos trílogos.  

A norma que establece a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, percura un efecto disuasor de actividades de pesca INDNR incorporando medidas para identificar os infractores

Nacionais e para comprobar as actividades daqueles que teñan relación con barcos de terceiros países que faenen fóra das augas comunitarias. Tamén contempla mecanismos que aseguren que os produtos da pesca importados e exportados por España foron capturados seguindo as medidas internacionais de conservación e ordenación e libres de pesca IUU.

E regulación, por separado, de plans de control e inspeción é, a máis, unha norma novidosa que inclúe as accións a realizar para implementar a dixitalización e o uso das novas tecnoloxías  nos sistemas de contro. Afecta simesmo a normativa ás facultades dos servizos de infracións, ás posibles colaboracións con outras administracións públicas e as obrigas dos operadores do sector relativas ao exercicio da pesca marítima.

O réxime sancionador e a armonización co resto de sistemas de cumprimento dos Estados membros da Unión Europea é outro aspecto importante da nova normativa que estabelece para elo unha nova tipificación das infracións, introducindo un elemento de flexibilización na tipificación das condutas infratoras mediante o estabelecemento dunha serie de elementos que sigan o sistema prantexado na reforma do Regulamento de Control en curso.  

O anteproxecto do texto será consultado ao sector pesqueiro após as consultas entre os distintos ministerios, as comunidades autónomas e o Consello de Estado, así como ás organizacións dos sectores implicados. Tras a consulta co sector pesqueiro abrirase trámite de audiencia pública para que calquera interesado poda participar na elaboración do proxecto antes da súa aprobación en Consello de Ministros para a súa remisión ás Cortes.

España da así o primeiro paso para actualizar o seu sistema de control pesqueiro. Compre esperar que sexa o definitivo para erradicar absolutamente a pesca ilegal.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.