O 112 Galicia acumula máis de 478 incidencias relacionadas coas chuvias. Muros e Noia levaron a peor parte que deixou un reguero de incidencias en Barbanza

24 Decembro 2022

Desde onte ata as 12 horas de hoxe, o total de incidencias xestionadas no 112 Galicia por mor das chuvias ascende a 478 incidencias ata as seis desta tarde e tras dous días de chuvias constantes e desbordamentos puntuais en diversos ríos da Demarcación Galicia-Costa.

Ningunha representou un grave perigo para as persoas, sen prexuízo dos danos e inconvenientes derivados dos seus efectos. Así, o tráfico na AG-64, ao paso por Narón, quedou restablecido durante a noite pasada, en canto melloraron as condicións de seguridade. 

Xa esta mañá, o 112 Galicia recibiu avisos por un desprendemento de terra e pedras sobre a vía do tren, no seu paso por Ferrol, na Rúa das Cardosas. Os xestores do 112 pasaron esta información ao centro de seguridade de Renfe, que ten persoal traballando no punto co fin de restablecer o tránsito de convois o antes posible. Barallan as cinco da tarde como horario previsto para reiniciar a circulación nese punto.

Tamén rexistrouse o derrubamento dunha antiga capela en Muros, na Praza de San Pedro. A zona quedou sinalizada e non existe perigo de novos desprendementos.

En canto á tipoloxía das incidencias relacionadas coas chuvias intensas, cómpre destacar que, ao igual que na tarde de onte, as intervencións máis frecuentes son os anegamentos en estradas, rúas, vivendas e baixos, así como a formación de bolsas de auga nas estradas (233 entre e hoxe). Tamén se sucederon as caídas de árbores (48 en total) e as actuacións dos equipos de emerxencias para a prevención de maiores riscos (38).

Certamente, durante esta mañá, o 112 Galicia rexistrou maior número de desprendementos de terra e pedras. Unha situación que pode repetirse máis veces nas estradas, polo que cómpre manter a precaución.

En relación ao reparto de incidencias por provincias, das 335 totais, 235 producíronse na Coruña, 69 en Pontevedra, 23 en Lugo e 7 en Ourense.

Ríos con alta probabilidade de desbordamentos
Por outra banda, recordamos que o Plan especial por inundacións (Inungal) segue activa e con importantes novidades. Os seguintes ríos superaron os limiares e poden desbordarse nalgúns puntos:

Mera (Ortigueira), Rego das Mestas (Valdoviño); Mandeo (Aranga), Mendo (Betanzos), Tambre (Oroso), Dubra_Tambre (Val do Dubra) e Lerez (Pontevedra).

É importante que sinalar que é posible que esta lista se amplíe co paso das horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.