Noia dá a benvida ao Nadal cunha campaña de premios, decoración urbana e dinamización

15 Decembro 2022

O Concello de Noia deu a benvida oficial ao Nadal coa presentación da campaña Noia, preto de ti, coa que se busca reivindicar a histórica vila como destino cultural, turístico e económico e salientar o seu importante tecido comercial con vistas ás compras nestas datas sinaladas. A concelleira de Comercio, Laura Salgado, xunto coa presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, informaron dos detalles desta iniciativa que se materializa, en primeira instancia, nunha profusa decoración de rúas, amais de en actividades de animación en diferentes espazos urbanos. Ademais, haberá un sorteo de 3.000 euros (15 vales de 200€) en vales de compra para incentivar as ventas e comercio local da vila e no que bateuse un récord de participación con 60 comercios adheridos.

O programa inclúe actividades para todos os públicos como un concurso de escaparates con 28 participantes; música nas rúas do casco histórico a través da megafonía; tren infantil o día 23 e 24 de decembro; un photocall con feitura de zorra (trineo) na praza do Curro; o Belén animado de 40 m2 na igrexa Santa María A Nova; a visita de Papá Noel o día de Noiteboa e, coma novidade este ano, o 4 de xaneiro haberá o conto teatralizado O reino de Noia polas rúas da vila, a cargo do artista Serafín Marcos.

Trala presentación da campaña, a concelleira Laura Salgado quixo desexar aos veciños e veciñas do municipio que “teñan un Bo Nadal e unha boa entrada de ano novo” e agardou “que desfruten das diferentes actividades programadas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.