Millón e medio de euros dos fondos Next Generation para rehabilitar o faro de Sálvora

28 Decembro 2022

Un millón e medio de euros recibirá o faro da illa de Sálvora dos fondos Next Generation, cos que se financiará un proxecto de rexeneración ambiental da contorna e posta en valor impulsado por Turismo de Galicia.

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía deu o visto e prace á firma do convenio co ente autonómico para a execución das melloras, ás que se destinarán preto dun millón e medio de euros.

Dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia enmárcase o proxecto, que inclúe unha serie de actuacións coas que se quere dotar ao faro de Sálvora duns usos complementarios ao propio de sinal marítimo, para adecualo aos cambios tecnolóxicos e operativos nos sinais marítimos e emendar a deterioración material polo paso do tempo. A iniciativa enmarcase no Plan Xacobeo Next Generation para a posta en valor dos bens de interese cultural do Camiño de Santiago, no que se inclúe o proxecto para Sálvora e no que se enmarca a posta en valor do edificio desde o punto de vista turístico, á apertura do inmoble aos visitantes e a divulgación científica.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...