Máis de oitenta persoas gozaron da Festa de Nadal do Centro de Día de Lousame

26 Decembro 2022

Máis de oitenta persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron na tarde do venres 23 de decembro na Festa de Nadal no Centro de Día de Lousame, que se retomou despois dun par de edicións sen celebrarse por mor das restricións sanitarias. A celebración desenvolveuse seguindo todas as medidas sanitarias recomendadas, como o feito de que todos os asistentes volveron levar máscara.

A festa tivo lugar no centro entre as 17.00 e as 19.30 horas e contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, que amosou a súa satisfacción “pola activa participación dos nosos maiores na celebración, non só bailando e cantando as distintas pezas, senón compartindo experiencias durante a festa”. Así mesmo, tanto as persoas residentes como as visitantes deron boa conta dos polvoróns, turróns, roscas e outros produtos típicos do Nadal dispostos no Centro de Día, adobiado con motivos de inverno coas creatividades dos propios usuarios do centro.

A xornada comezou coa actuación da Banda de Música de Lousame, cuxos membros interpretaron diversas panxoliñas propias destas datas. Tomou o relevo o grupo de gaitas O Son do Pote, habituais destas celebracións, que fixeron que varios veciños e veciñas se animaran a botar unhas bailas. Ademais do persoal propio do Centro de Día, voluntarios e voluntarias de Lousame desprazáronse ata o lugar para colaborar na atención aos maiores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.