Máis de 800 persoas participaron en Boiro na cita solidaria de Nadal a prol da Fundación Andrea

12 Decembro 2022

O Pavillón da Cachada (Boiro) acolleu este domingo 11 de decembro unha xornada solidaria de actividades organizada por Banco Mediolanum coa colaboración do Concello de Boiro en beneficio da Fundación Andrea. Foron arredor de 800 persoas as que asistiron á xornada de xogos e actividades de Nadal con fins solidarios.

Durante a tarde nenos e maiores puideron desfrutar dos inchábeis, dos obradoiros de maquillaxe e peiteado, globoflexia, DJ e outras actividades e sorteos programados. Durante a tarde o pavillón acolleu tamén a visita de Papá Noel e unha chocolatada gracias ao grupo de voluntariado Turbina. A xornada contou con sorteos de doazóns de comercios e empresas.

Á cantidade recadada das entradas e rifas hai que sumar as colaboracións de empresas e particulares, que seguen abertas ata o 31 de decembro e se poden facer en migranodearena.org. A cifra total que se recade será duplicada por Banco Mediolanum para doar á Fundación Andrea. https://www.migranodearena.org/reto/pap-noel-solidario-boiro

A Fundación Andrea ten como finalidade básica a atención e o apoio económico, moral, informativo e de calquera outra natureza ás familias con fillos con doenzas de longa duración, crónicas ou terminais. Algúns dos programas que leva a cabo a fundación son o financiamento de aloxamento, tratamentos médicos ou de outras necesidades básicas, medios formativos e informativos…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...