Lousame conmemora estas datas sinaladas con accións creativas, lúdicas e solidarias

19 Decembro 2022

Lousame xa está a pleno rendemento en materia de actividades de Nadal. Entre as iniciativas xa celebradas atópanse o obradoiro a adobíos do venres 16 (na Casa da Cultura), no que participaron nenos e nenas maiores de 6 anos. O taller foi impartido por Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, do programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps. Elaboraron un diorama de papel dunha paisaxe de Nadal. Tamén se celebrou xa, con gran éxito de participación, a Andaina Solidaria e Belén de Cumes. Foi o sábado 17 de decembro, ás 10h. Consistiu nunha camiñada de 10 km entre Portobravo e San Xusto de Toxosoutos para recadar fondos para a Obra Social de Pediatría do CHUS.

Participantes no obradoiro impartido polas voluntarias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas

Respecto das accións que están en marcha, inclúese a mostra Sempre con Lousame, de Juan Carlos Lorenzo Jamardo. Trátase dunha exposición de de 30 óleos con paisaxes de Lousame. Pódese visitar na sala municipal de exposicións da Casa da Cultura de Lousame. O horario de visita é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e os luns, mércores e venres, tamén de 18 a 21 horas.

No que atinxe ás accións que están por desenvolver, a axenda inclúe o obradoiro Leissure Activities in English. Será os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10.30 a 13.30h, na Casa da Cultura de Lousame. Dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos, inclúe actividades de pintura, karaoke, música, xogos, cinema, teatro, creatividade, conversas… todo en inglés. Trátase da segunda edición deste programa, despois do éxito acadado polas propias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas durante este verán, nas que participaron medio cento de rapazas e rapaces de Lousame.

Ademais, o xoves 5 de xaneiro, en horario de 10.30 a 14.00 horas, celebrarase a tradicional recepción oficial dos Reis Magos na Casa da Cultura de Lousame. Recollerán as cartas e escoitarán as peticións dos nenos e nenas que o desexen. Reservas gratuítas en www.bandoticket.com.

Na mesma xornada do 5 de xaneiro, celebrarase o Festival dos Reis Magos, a partir das 17h, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Festa infantil con xogos, inchábeis, obradoiros… así como chocolate con churros para todas as persoas que asistan. Reservas gratuítas en www.bandoticket.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...