José Rivera ofrece un menú de maxia e diversión este sábado na Casa da Cultura sonense

02 Decembro 2022

Este sábado 3 de decembro a Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller un divertido espectáculo de ilusionismo para toda a familia: o espectáculo Parece mentira, a cargo de José Rivera (Magia & Hipnosis). A función, que dará comezo ás 17.00 horas, é en palabras de Cultura do Concello sonense “un espectáculo para todos os públicos sorprendente e divertido, onde a maxia e o humor son os principais ingredientes”. Organiza o Concello ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

José Riveira é un mago ourensán que ten unha traxectoria de máis de 20 anos como ilusionista. O seu punto forte é unha sorprendente mestura entre abraio e humor, ofrecendo shows onde non dá ao público un momento de respiro. Ten na súa bagaxe unha gran cantidade de actuacións en auditorios, teatros, locais, festas, promoción de eventos, etc., por diferentes localidades galegas e o resto da xeografía estatal, levando ilusión tanto a nenos como a maiores.

Como profesional versátil da maxia, Jose Rivera ten ás súas costas un amplo abano de ofertas de espectáculos, que inclúen funcións para toda a familia, maxia infantil, galas para adultos, números de mentalismo e hipnose de espectáculo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.