“Galicia perde e España non gaña no reparto de TAC e cotas pesqueiras para 2023. Estamos tolos, ou?”.

13 Decembro 2022

O de sempre: O Goberno aplaude os acordos acadados no Consello de Ministros de Pesca da UE, o sector pesqueiro español critica os mesmos e anuncia depezamento de barcos e Galicia ve negativo o devandito acordo que, na práctica, non supón avance algún  a respecto da proposta inicial da Comisión Europea.

Que cousa é a que fai que exista tal disparidade de criterios en torno a un asunto tan doado de entender como é a pesca?.

Para o ministro de Agricultura e Pesca,  Luis Planas, España acadou un “bo resultado” para a frota e a frota afonda na súa problemática incrementada esta e agora polos acordos adoptados na maratoniana xuntanza de 22 horas realizada sen esconxuros en Bruxelas. A Xunta de Galicia non albisca avances significativos  e lamenta que as negociacións da delegación española e o Executivo comunitario non desen maiores froitos. Javier Garat, secretario xeral de Cepesca e presidente de Europêche cualifica de “agridoce” o resultado: só se negociaron 26 stocks dos que 18 afectan a España e o que se reduce non ten compensación co que se incrementa. O maior dano é para a frota do cerco debido ao acordo sobre o xurelo. 

Os avances son escasos, por non dicir mínimos: o aprobado ven ser, na práctica, o que xa figuraba no punto de partida da Comisión , algo que se daba por feito en tanto en canto ese punto de partida baseábase nas recomendacións dos científicos. Non tivo en conta a opinión do sector e os aspectos económico e social bailaban o cha cha cha sen rubor algún: o xurelo do Cantábrico e Gran Sol ten fixada unha cota de 3,000 toneladas para España, o que significa unha redución do 80% na zona 8c  ao non se permitir a pesca dirixida e que para a frota galega é un canonazo perfectamente dirixido á súa liña de frotación. Polo tanto, menos lobos, Carapuchiña, cando se fala de “bo resultado” para España porque se Galicia é a efectos da pesca o 50% do que esta significa para o conxunto nacional, non pode ser que Galicia perda e España gañe.

“España acadou aumentar as capturas e limitar o recurte de días de esforzó pesqueiro”, é un dos valores importantes deste Consello de Ministros comunitarios, na opinión do ministro Planas, para quen “España mellora as posicións iniciais no Mediterráneo e revirte o recurte dos días de pesca (do 7% ao 3,5%) sempre e cando a frota adopte medidas que melloren a selectividade, con redes que tamén melloren o paso de alevíns, ou acatar unha veda de catro semanas consecutivas.

Iso sí, España votou en contra destas propostas  por unha “discrepancia de fondo” que, obviamente, nada tiña que ver cos vetos á pesca de fondo nos caladoiros comunitarios.

Hai unha lixeira mellora nas capturas de pescada, peixe sapo e o rapante de augas ibéricas. E a Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) considera satisfatorio o resultado do Consello de Ministros para a frota do Gran Sol e fala de prexuizo para a frota de cerco polas medidas tomadas en relación ao xurelo. Acepta a posibilidade de xestionar as pesqueiras con TAC e cotas plurianuais dado que si esta se aplica correctamente outorgaría á frota  maior tranquilidade nas súas previsións pesqueiras.

E rematou o conto de mil mentiras que nos contaban os nosos pais cando eramos cativos.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.