
Un grupo de estudantes de segundo de Primaria do Colexio Galaxia visitaron no día de hoxe a exposición de esculturas “Madeiras Vivas” do artista ourensán Moxom, que se pode contemplar no Centro Cultural Lustres Rivas.
Guiados pola técnica municipal Alicia Padín, os pequenos e pequenas puideron afondar nas vinte creacións que integran esta proposta, con distintas madeiras, como salgueiros, castiñeiros e
plátanos. Tamén fixeron traballos didácticos na sala de exposicións.
Mañá sábado é o último día en que se mostrará esta exposición, en horario de 11 a 14 horas.
Xosé Manuel Rodríguez, Moxom, naceu en Ourense en 1964 e comezou no mundo da banda deseñada na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario, colectivo dinamizador da banda deseñada en galego. Desaparecido o colectivo comezou á súa andadura como Moxom no mundo da escultura de madeira en 1996, e transformou moitos dos seus debuxos en pezas de madeira.




