En Ribeira sae a licitación a renovación da liña de auga para consumo doméstico e pluviais na Ameixida

15 Decembro 2022

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación os traballos para renovar a liña de auga para consumo e a instalación de pluviais na localidade da Ameixida, situada dentro da parroquia de Castiñeiras. Trátase dunha intervención cuxo orzamento ascende a 107.627 euros, IVE incluído, e que está enmarcada no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ 2022),

Segundo informa o Concello, o obxectivo é “mellorar o servizo de abastecemento de auga potábel na zona indicada; ademais de instalar unha rede para drenaxe de pluviais”. Para alcanzalo vanse substituír as tubaxes existentes deterioradas por unha de PVC de alta densidade e 160 mm. de diámetro na marxe dereita; outra de polietileno de alta densidade de 0,75 mm. de diámetro, na marxe esquerda; e unha última de PVC 0 125 mm de diámetro, nun cruce, para o cal será necesario a instalación de maquinaria para perforación horizontal dirixida.

No relativo á rede de pluviais, dispoñerase pola beirarrúa da marxe dereita da estrada un colector de PVC corrugado SN-8 de 315 mm e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado.

Os pavimentos de ambas as marxes da estrada serán renovados, cunha sub-base de saburra e unha capa de acabado de mestura bituminosa en quente. As beirarrúas repoñeranse co mesmo pavimento (baldosa hidráulica).

As empresas interesadas dispoñen ata o 3 de xaneiro de 2023 para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.