En Ribeira o Concello pon a disposición de AGADEA unha instalación en Aguiño

15 Decembro 2022

O Concello de Ribeira e Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) veñen de asinar un convenio de colaboración para a creación dunha aula de estimulación integral en Aguiño. A rúbrica, estampada polo alcalde Manuel Ruiz e pola presidenta da asociación, Isabel Gey, tivo lugar na nova Aula do Maior que se abriu este outono na localidade a carón do Conservatorio da parroquia. Segundo os termos do acordo, o Concello comprométese a poñer a disposición as instalacións dous días á semana (martes e xoves de 15.00 a 19.00 horas).

Isabel Gey subliñou que o obxectivo desta iniciativa é “seguir estendendo centros terapéuticos que dean atención a persoas con alzhéimer e outras enfermidades dexenerativas nas súas etapas iniciais”. A actividade comeza este xoves 15 cun pequeno grupo de sete persoas que se prevé vaia incrementándose á medida que os veciños da zona coñezan a existencia deste novo servizo.

Pola súa parte, Manuel Ruiz recordou que o Concello leva moitos anos colaborando estreitamente con AGADEA, e significou que a apertura desta nova aula en Aguiño prosegue con outras accións como o Centro de Día de Ribeira ou a aula aberta no edificio da confraría. “Todo aquilo no que podemos seguir colaborando ímolo facer”, declarou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.