En Ribeira as badaladas dorneiras estréanse cunha boa acollida como arranque da 75º singradura da Dorna

31 Decembro 2022

Esta mañá do último sábado e día do ano numerosas persoas achegáronse a Pórta do Sol para despedir o ano e dar a benvida á 75º singradura da Dorna. As tradicionais uvas substituíronse por preto de 250 pequenos vasos con 12 mexillóns, doados pola empresa Basoñas Mar.

«Foi todo bastante ben. Pensabamos que ou tempo non nos ía a acompañar. Sempre que a Dorna fai algo hai un chamamento masivo», explicou a presidenta da Confraría, Sara Sevilla, sorprendida pola acollida desta nova iniciativa. Xunto a ela, o vicepresidente, Juan José Segade, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e o sacerdote, Alfonso Mera, brindaron con champaña por unha nova singradura.

O párroco ribeirense Alfonso Mera permitiu a dous directivos dorneiros, Juan González e Mónica Deus, tocar as doce badaladas ante a expectación do público asistentes.

A banda ribeirense dos Bugis recolleu a testemuña e tocou o himno da Dorna. Os cánticos e saltos do público, así como os curiosos que inmortalizaron a estampa cos seus teléfonos móbiles, acompañaron os versos dos acordes por excelencia dunha festa que cumprirá tres cuartos de século no 2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.