En marcha a nova área de endoscopias do Hospital da Barbanza

12 Decembro 2022

A xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez Masid, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor López, o director do Distrito da Barbanza, Salvador Mariño-Ageitos Monteagudo e o xefe do servizo de Dixestivo, Enrique Domínguez Muñoz visitaron este luns 12 de decembro a nova área de endoscopias do Hospital da Barbanza con motivo da súa posta en marcha e na que a Xunta investiu 620.000 euros. Na cita tamén participou o alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas.

Trátase dunha unidade que ten unha gran actividade, que pode realizar preto de 2.000 endoscopias ao ano, moitas delas terapéuticas, que precisan dun equipamento moi específico. A nova sala supón un “salto cualitativo enorme tanto para a seguridade como para o confort” de doentes e profesionais, subliñou Enrique Domínguez, quen destacou que coa nova tecnoloxía “poderemos facer técnicas que ata o de agora tan só podíamos facer no Hospital Clínico de Santiago”. Ademais as novas instalacións permitirán incrementar en ata un 20% os doentes atendidos no Barbanza.

A nova área conta con 130 m2, o que “supón un incremento da superficie dedicada á realización de endoscopias dixestivas”, explicaron, engadindo que o equipamento inclúe melloras no eido tecnolóxico, cun bisturí eléctrico dixestivo e monitores de parámetros fisiolóxicos básicos. Tamén conta cun sistema de Endoscopia dixestiva, conformado por unha torre de endoscopia dixestiva e os equipos de reprocesamento con dúas lavadoras para a desinfección dos endoscopios, un armario de secado e almacenamento esterilizado, así como catro monitores multiparamétricos de última xeración.

“Esta actuación incrementará a calidade e confortabilidade desta área para os doentes, así como a modernización dos procesos de asepsia e aportará unha mellora nas condicións de traballo dos profesionais”, sinalaron.

Na inauguración deste luns tamén lembraron que no vindeiro ano 2023 iniciaranse as obras de ampliación da área de hospitalización do hospital barbanzá para o que conta nos orzamentos do próximo exercicio cunha partida de 200.000 euros. Esta mellora virase sumar á ampliación do Servizo de Urxencias levada a cabo no ano 2020 e que supuxo un incremento do 40 % da superficie, cun investimento de 1,8 millóns de euros.

No Barbanza, este ano se adxudicou un novo TAC, que foi instalado recentemente, e que tivo un investimento de 400.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.