Dodro nomeou a Rosalía de Castro Filla Adoptiva

18 Decembro 2022

O Concello de Dodro celebrou o acto de entrega do título honorífico de Filla Adoptiva, de xeito póstumo, á poeta Rosalía de Castro no auditorio da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón.

A distinción foi outorgada polo pleno da Corporación municipal de Dodro, o 11 de agosto de 2022, á senlleira poetisa como recoñecemento tanto á súa relevancia literaria e cultural como á contribución á promoción e notoriedade de Dodro.

No acto homenaxe deste sábado interviron Anxo Angueira Viturro –presidente da Fundación Rosalía de Castro–; o mandatario local, Xabier Castro Tourís; o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco; e o escritor Manuel Lorenzo Baleirón. A música foi a cargo de Secho.

Desde o concello declararon que “este nomeamento supón un acto de xustiza social polo traballo da poeta na defensa da nosa lingua e cultura”, lembrando que o acto foi emotivo, simbólico “e sobre todo, universal”

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...