Dodro entrega o XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

07 Decembro 2022

O Concello de Dodro entregará este sábado, 10 de decembro, o XXXV Premio de Poesía Eusebio
Lorenzo Baleirón á poeta lucense Brenda Mondelo pola súa obra “Neve”. Dito certame, que rende
homenaxe ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón e que constitúe un referente da escena literaria e da
creación lírica en lingua galega, está dotado con 2.500 € e supón a publicación da obra galardoada
nunha editorial de recoñecido prestixio.
A celebración do acto terá lugar ás 17.30 horas no CPI de Dodro e reunirá á familia e veciñanza do
poeta local, autoridades do goberno municipal, así como a representantes da comunidade escolar e
do mundo literario.
O evento estará conducido pola coordinadora do certame, a poeta Elvira Ribeiro Tobío, e presidido
polo alcalde do Concello de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, o concelleiro de Cultura e
Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira
Viturro. No marco do mesmo presentarase a exposición “EUsebio” creada polo alumnado do CPI e
entregarase “Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón: concurso literario “das viaxes e dos soños”,
certame que ten como obxecto a promoción da creación literaria, do uso da lingua galega e da
creación artística entre a mocidade. A celebración estará amenizada pola actuación musical de
Iolanda Eiras e Narci Rodríguez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.