“Discriminación por discapacidade” – José Manuel Pena

07 Decembro 2022

Víctor, un amigo suramericano, sufriu unha historia de abandono e discriminación por parte das autoridades gobernamentais do seu país por nacer cun grao de discapacidade a pesar de ser un deportista olímpico e de alto rendemento que ocupa o posto número vinte e dous no mundo, na modalidade de tenis de mesa, e o número uno no seu propio país.

A discriminación deste deportista discapacitado é un feito a pesar de levar para o seu país gran cantidade de trofeos e recoñecementos internacionais, medallas olímpicas e premios na súa especialidade deportiva. O peor de todo é que o seu país segue apoiando aos deportistas convencionais e a el cerráronlle todas as portas, polo simple feito de ser discapacitado.

Parece incrible que despois de realizar diversas campañas a nivel nacional, en diversos países suramericanos, que buscaban sensibilizar a toda a poboación sobre a procura da integración dos discapacitados en todos os ámbitos da sociedade síganse coñecendo situacións discriminatorias como as de Víctor.

Agora inicia a súa cruzada particular para que se lle recoñezan os seus esforzos invocando xustiza ante varios organismos internacionais. Grazas ao seu espírito de superación a discapacidade nunca foi obstáculo para el pero o goberno vulnerou a lexislación nacional e internacional en materia dos dereitos das persoas con discapacidade ao non asegurar e promover o pleno exercicio de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais para as persoas con discapacidade.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...