“Destruíndo pontes coa oposición”. Xurxo Ferrón Vidán

02 Decembro 2022

Transcorrido preto do noventa por cento dos catro anos para os que fomos elixidas as integrantes da corporación municipal, cando en SumaRibeira pensábamos que o Goberno Municipal xa tiña utilizado todas as ferramentas dispoñibles de desvalorización da oposición, o Alcalde aínda consigue sorprendernos coa súa capacidade ilimitada de xerar desconfianza entre as concelleiras que temos a ousadía de discrepar das súas verdades políticas indiscutibles.
Entoando o todo vale para atacar a quen se atreva a entorpecer o mellor, único e acertado traxecto que o goberno do PP ten definido para conseguir “o ben de Ribeira”, o alcalde, deixándose arrastrar pola súa frustración, sorpréndenos facendo pública parte dunha conversa privada que mantivo cun concelleiro na procura dun acordo de aprobación dos Orzamentos do 2022, que foron rexeitados polo Pleno.
Non é a primeira vez que o goberno municipal bota man de airear publicamente conversas privadas, ou a súa peculiar versión das mesmas, para descualificar ás discrepantes, despreocupándose, se o consideran útil, do respecto á veracidade dos feitos.
Por se fose pouco o padecido ao longo deste mandato municipal, semella que os cálculos electorais do grupo municipal do PP consideran conveniente afondar no desprestixio político, e incluso persoal, dos concelleiros da oposición. Nesta liña tamén deben considerar útil aferrarse, sen respecto á legalidade, a dificultar o acceso á información do concelleiro de SumaRibeira.
É obriga democrática dos membros da Corporación Municipal posibilitar a adopción de acordos en beneficio das veciñas e veciños. Ter que confiar en quen non é de fiar afasta do diálogo e os acordos.


Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.