Ata o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas que o desexen poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos nas caixas de correspondencia de Nadal que Correos instalou nas oficinas postais de Boiro, Noia e Ribeira.
Ademais de fomentar o espírito do Nadal, esta iniciativa da empresa postal tamén pretender “incentivar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa”.
Correos leva 27 anos celebrando a campaña de Reis Magos con caixas de correos específicas para recoller os desexos das crianzas e encargarse de entregar as súas cartas, directamente, aos seus destinatarios en Oriente.
Ademais, Correos anunciou que este Nadal os seus equipos de voluntarios e voluntarias volverán achegarse a varios hospitais de España a recoller as cartas de mans dos nenos e nenas ingresados.




