
A carpa de Nadal da praza de Galicia, en Boiro, acolle este 23 de decembro un Festival Solidario, a partir das 11.00 horas. O recadado será en beneficio de Cáritas local. Organizan o Concello de Boiro e a banda local The Cuncas, en colaboración con outras entidades.
Achegamos o programa previsto de actividades.
11.00h – Actuación ballet Cen Pliés e Aroña
12.00h – Animación infantil co O apalpador e Monifates
13.00h – Combo jazz da Escola de Música de Boiro
14.00h – DJ Matrek
17.00h – Serán tradicional con Abeloura, Os Pequenos do Barbanza, A Dorniña de Abanqueiro, Xilbarbeira, As da Boina, Pedra da Aroña e Nunca é Tarde
18.00h – Chocolatada co grupo Turbina
19.00h – Banda de Música de Boiro & CEIP Santa Baia, CEIP Santa María do Castro e CEIP Abanqueiro
20.00h – Bruno DJ
21.00h – The Cuncas



