“Boa viaxe!”. Lois Celeiro

20 Decembro 2022

Cando todo se acabe, que quedará? Quedará o aire frío que vén da serra, a calor intensa que expanden os lumes sen apagar destes tempos, eses que abafan á sociedade morta por asfixia, á irrecuperable sociedade atafegada por mor da miseria ruín que tanto avanza, que camiña innecesariamente canda nós e canda vós. Quen sabe o que quedará? Se non hai quen recupere a memoria, se ninguén se acorda, se todos e todo queda pendente da chave, do contrasinal e dos organizadores do cerramento deste territorio que se presumía aberto e libre, no mundo quedará escuridade total.
Escuridade e silencio absoluto bramando e bruando nas noites sen lúa, nos amenceres sen claridade e sen o aloumiño do sol. Ou nos días longos da primavera sen pan, logo, sen vida, sen traballo e sen parada. Cando todo estea a escuras, quen alumará o camiño? Un ou varios chegarán prestos e preparados para darlle brillo á sombra e á noite.
Cando todo se acabe, será necesario empezar de novo, recuperar a esperanza, buscar o camiño e andalo ata que resplandezan outra vez tódalas noites, incluídas as noites na eira do trigo, como se tal fora. Máis arriba, cerca do ceo, hai xente agardando polo resplandor e seguen esperando cada día, coas mans no peto e coa cabeza ergueita mirando pola esquina da noite e observando como pasa o silencio berrando.
Quedará a árbore comida pola filoxera, o monte apagado e calcinado, as estradas obstruídas polos vehículos sanitarios, a sanidade convertida nun espanto, os doentes, mortos e tódolos mortos á espera de que lles dean tranquilamente praza no crematorio. Quedará o que quede, pouco ou nada.
Os desaparecidos van organizados en procesión e tamén ás escuras. Sen rota marcada, sen escoller itinerario e sen saber onde está o sinal que indica o final da escalada. Os que morren calan, os que rezan paran e os que seguen esperan e agardan pola derradeira palabra. Os labregos, os mariñeiros, os poetas, os culturetas, os artistas, carpinteiros, obreiros, intelectuais, xornalistas, mecánicos e menciñeiros sofren, discuten e avanzan, camiñan e, se é preciso, antes de chegar, falan.
Amigos lectores, estamos na procura de que todo poida verse normal e con normalidade, de que se poida falar e de que se fale, con tranquilidade e sen xenreira, con amizade e con aprecio, ata que a mirada se pare. E, cando se pare, o silencio continúa e o mundo segue o seu camiño. Para todos aqueles que non se baixen, boa viaxe!

Outros artigos

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

+

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...

+

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...

“El tiempo de la lluvia”. Alberto Barciela

“El tiempo de la lluvia”. Alberto Barciela

Llueve. El agua acaricia la tierra como una bendición, propiciando un ciclo natural que hace posible la vida. Sitibundos de buenas noticias, necesitados de regular ansiedades, secos de clima, áridos de carácter, muchos incluso desérticos de compañía, nos abrazamos a...