Avanza coa declaración da expropiación o proceso para crear unha senda peonil no río Grande (Ribeira)

12 Decembro 2022

A nova senda de peonil e ciclista de Ribeira destinada a conectar a estrada Ribeira-Palmeira coa praia de Coroso recibiu este luns un novo impulso. Segundo fixo saber o Concello, o DOG publicou nesta xornada a declaración da “urxente ocupación de terreos” para a creación da nova vía de lecer, unha intervención que se enmarca na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, que está co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España ( POPE) 2014-2020. O obxectivo é poñer en valor e recuperar a contorna do río Grande, que desemboca na praia de Coroso. De feito, “a día de hoxe é imposíbel circular pola súa zona de servidume”, explica o Concello.

Co obxecto de devolver o esplendor natural e paisaxístico a este espazo para uso público o Concello quere crear unha senda peonil que permita acceder a pé até a praia de Coroso desde a estrada AC-305. A redacción do proxecto fixa unha senda de 297 metros de longo dende o arroio Saíñas até o Paseo Marítimo de Coroso. “Deste xeito”, informou o Concello, “conéctase a AC-305 ou avenida da Coruña coa praia de Coroso e faise dunha maneira sustentábel, integrada e innovadora, enlazando unha zona de gran actividade comercial (especialmente polos supermercados alí situados) con outra zona escolar na que se atopan o CIFP Coroso e a Escola Oficial Náutico Pesqueira”.

Na maior parte do trazado utilizarase pavimento natural flanqueado por bordos de madeira, a excepción dun tramo de pasarela de madeira con pilotes de 19 metros de longo. O obxectivo neste punto é “transformar a fronte fluvial nunha zona con maior calidade ambiental, paisaxística e de seguridade, xerando un espazo mixto, con predominio para o peón pero no que tamén poderían circular bicicletas (non así vehículos a motor), potenciando así a mobilidade alternativa e dándolle plusvalía aos espazos verdes, para o uso cotiá e o lecer”.

A actuación comporta un investimento de 179.612 € co-financiado con fondos europeos FEDER. O prazo de execución son catro meses.

En canto á devandita expropiación, abrangue unha superficie total de 64 metros cadrados localizados en dúas fincas na zona de servidume do curso fluvial.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...