O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, informou pouco antes das 12 da mañá deste luns da aparición do corpo dunha muller que ira no autobús da liña Lugo Vigo.
Deste xeito elevanse a sete o número de mortos no tráxico accidente acontecida na noiteboa a altura do concello de Cerdedo-Cotobade. Hai tamán dous superviventes. De momento non se infomou da causa do accidente ainda que todo apunta a aquaplaning como a orixe do tráxico suceso do que lles vimos informadno en “obarbanza.gal” desde o principio.

O operativo de rescate de vítimas tras a caída do autobús ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade localizou este luns unha nova vítima. Confirmouno o delegado do Goberno, José Miñones, quen explicou que a busca se retomara logo de saberse da desaparición dunha persoa que podía ir no vehículo sinistrado. Trátase dunha muller duns 50 anos.
Segundo relatou o delegado do Goberno, quen detallaba que o helicóptero localizara o cadáver e que estaban pendentes dos traballos para recuperar o corpo, “ata hoxe non había constancia desa desaparición”.
Foi o fillo da supervivente quen explicou que súa nai viaxaba no autobús acompañada doutra persoa coa que se dirixía a cear en Noiteboa, e por ese motivo se decidiu retomar a busca este luns.



