Remata a busca en Cerdedo-Cotobade coa localización do oitavo membro da pasaxe. Seis mortos e dous feridos balance do tráxico accidente

25 Decembro 2022

En definitiva, seis persoas perderon a vida e outras dúas resultaron feridas a causa do accidente do autobús en Cerdedo-Cotobade.

Así, coa localización do oitavo membro da pasaxe, os equipos de emerxencias rematan unha intervención de longas horas e dunha complexidade extrema pola situación na que quedou o vehículo tras caer ao río por unha ponte na N-541, en Pedre.

Para o rescate dos corpos foron necesarios diversos medios e recursos, dependendo da súa situación. Deste xeito, interviñeron GEAS da Garda Civil e axentes especializados nos rescates de altura, e rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca II tras atoparse unha avaría no Pesca I.

Ademais, participaron Bombeiros do Deza, Bombeiros Pontevedra, GES da Estrada, Protección Civil de Cotobade, Grupo de Rescate en Altura e Acuático e GEAS da Garda Civil, Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) cun Posto de Mando Avanzado, albergue e anfibio, Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio de Psicólogos de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.

Cómpre indicar que o 112 Galicia xestionou esta incidencia tras recibir as chamadas de alerta a pasada Noiteboa. 

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.