As series protagonista do novo calendario de nadal de AMBAR

12 Decembro 2022

Hoxe 12 de decembro, a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional presentou no Teatro Cine Elma o Calendario Solidario 2023. Esta 9a edición versa sobre doce das series españolas máis recoñecidas.
Nesta ocasión volvemos contar con colaboración do fotógrafo Victor Manuel Martínez (Pichero).
A presentación do calendario foi encabezada por Milagros Rey, presidenta de Ambar; Alicia Romero, secretaria de Ambar; Victor Manuel Martínez, fotógrafo do calendario; e Amparo Cerecero; concelleira de servizos sociais da Pobra do Caramiñal. Á presentación asistiron os e as protagonistas das portadas cos seus familiares, ademais dos e das profesionais de Ambar.
Arredor de 80 persoas persoas.
Alicia Romero foi a encargada de facer a apertura do acto presentando un making of no que se viu un resumo do proceso do traballo de elaboración do Calendario Solidario 2023. Logo foi revelándonos as portadas de cada mes por orde, introducindo cun vídeo no que se vía como foi o traballo en cada unha das cartelas. Agradeceu e mencionou a tódolos colaboradores que apoian financiando este proxecto para facelo posible: Serdeco, Mobalco, A Poutada, Rio Blanco, Alvarez Riveira, Eclipse, Neumáticos Soto, Mariño, Shell Santa Uxía, Forxa Galega, Coyomar, Fripusa, ADM asesores, Triñanes, Pichero e Grafik Boiro.
Milagros Rey agradeceu a Pichero, por toda a súa implicación neste proxecto, ás empresas que colaboran e financian e a Amparo Cerecero e á prensa por darnos cobertura, destacando a importancia de que as persoas don diversidade funcional teñan o seu espazo na comunidade para que non queda ningunha dúbida das súa capacidades e NON das discapacidades.

Pichero dixo ‘Volvémolo facer… este ano superámonos, sodes uns cracks’ afirmou dirixíndose aos protagonistas do Calendario Solidario 2023. Agradeceu a Zeltia Iglesias, responsable deste proxecto, “É o outro 50% do traballo. Este ano demos un xiro pasándonos ás series, das cales unha cuarta parte está feita en Galiza”. Por último agradeceu a toda a Familia Ambar polo traballo ben feito.
Amparo Cerecedo afirmou que para o Concello da Pobra é todo un orgullo participar nesta presentación e que para ela o Nadal non comeza co acendido das luces, senón que empeza unha vez se presenta o Calendario Solidario de Ambar. “Cada ano sorprendédesme moito máis, con todo o que sodes capaces de facer, as emoción o que transmitides…sodes profesionais.” Díxolles aos participantes do calendario, e deulles as gracias por ensinarnos a vivir o día a día con esa intesidade e autenticidade.

Onde pode adquirirse:
O calendario que ten un custe de 7€ na súa versión de parede e 3,50€ de mesa. Pode reservarse tanto na web da entidade (asociacionambar.org) como nas canles habituais: Chamando ó 981 87 44 80 ou escribindo a correo@asociacionambar.org.
Un calendario de película
Este proxecto que comezou a súa andadura no ano 2015, e que promove o cine con valores sociais e o apoderamento das persoas con diversidade funcional a través da expresión artística.
A recadación obtida da súa venda destinarase ao servizo de transporte, para costear o sobrecusto das subidas de combustible.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...