As confrarías rexeitan a prohibición de pesca de xurelo

12 Decembro 2022

A federación nacional de confrarías de pescadores rexeita a prohibición de pesca de xurelo que expón Europa e considera que con isto “chove sobre mollado” tras o veto á frota de fondo. O presidente da federación e patrón maior de Burela, Basilio Otero, recoñece que hai “preocupación” e intúe que “haberá un problema grande” en caso de chegar a materializarse a prohibición.

Con todo, Otero confía en que si “dean unha cota de xurelo, aínda que sexa pesca accesoria, e non se prohiba, porque sería moi prexudicial para o arrastre, para as artes menores e para as artes fixas”. De producirse, avisa, sería “custoso para o cerco, porque é unha das principais especies que captura”, pero xa anticipa que a medida “afecta a todas as embarcacións, salvo as que traballan con marisqueo nas rías”.

O presidente da federación nacional de confrarías anunciou que o sector vai “seguir loitando, mentres siga este comisario”. “Os máis interesados en ter un medio ambiente sostible somos os propios pescadores”, subliña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...