As chuvias deixan este venres preto de 190 incidencias, segundo os datos recollidos no 112 Galicia

23 Decembro 2022

Boa parte das chamadas atendidas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia por mor das chuvias producíronse na provincia da Coruña.

Concretamente, os concellos de Ferrol, Narón, Cedeira, Mugardos, Valdoviño, a comarca de Bergantiños, Barbanza e Santiago e a súa área de influencia foron os lugares que maior número de intervención rexistraron a causa das precipitacións e os seus efectos.

De feito, en Narón, debeuse interromper o tráfico na AG-64, arredor do quilómetro 6, en ambos os dous sentidos da circulación, a causa do desordamento dun río e a consecuente inundación do vial. Ás tres da tarde, o 112 Galicia comezou a recibir as primeiras chamadas de condutores parados debido á imposibilidade de seguir avanzando. 

Con esta información, avisouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas, así como aos Bombeiros de Narón, para facer fronte a unha situación que aínda non mellora e que o fará coa baixada do caudal do río. Por iso, de momento, mantense cortada a circulación por esa zona.

Efectivamente, Narón está dentro dos concellos coruñeses que durante esta tarde rexistraron máis incidencias relacionadas coa climatoloxía adversa. Así, a provincia da Coruña, foi, con diferencia, a máis afectada, e onde se produciron 126 das 187 intervencións totais ata as sete desta tarde.

Pontevedra foi a segunda provincia, en canto ao número de incidencias atendidas (44), seguida de Lugo (13) e Ourense (3). En total, preto de 190 intervencións, que se basearon, de forma maioritaria, en anegamentos en rúas, estradas e vivendas e bolsas de auga (máis de 80), caída de árbores (25) e actuacións dos grupos de emerxencias para a prevención de riscos maiores (31).

Certamente, ningunha das situacións representou unha situación de perigo maior para as persoas, pero si todos os danos e inconvenientes derivados de este episodio de meteoroloxía adversa.

Previsión e consellos
Non obstante, é importante recordar que a alerta laranxa por chuvias continúa activa no suroeste da provincia da Coruña, mentres que o resto da Comunidade mantese en aviso amarelo por precipitacións, como tamén permanece activo o Plan Inungal debido á necesidade de establecer un control e seguimento do nivel dos ríos ante a posibilidade de que se produzan desbordamentos.

Así e todo, dentro do contexto das festa do Nadal, e ante o incremento dos desprazamentos por estradas, convén que adoptemos estas medidas de prevención necesarias. Igualmente, debemos ter en conta a situación nas contornas fluviais, polo que recomendamos seguir con atención estas indicacións. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.